Onde está Santiago Maldonado?

 

BOICOT A BENETTON.
POLA APARICIÓN DE SANTIAGO MALDONADO CON VIDA


O pasado 1º de Agosto desapareceu na Argentina Santiago Maldonado, un activista solidario coa loita do pobo mapuche, víctima da represión que o estado argentino exerce contra os indíxenas que defenden as súas terras fronte aos intereses económicos de multinacionáis como Benetton.

O capital da familia Benetton supera os 1.500 millóns de euros. Este capital non é o resultado dunhas prácticas solidarias nin defensoras dos dereitos humanos, como nos está a vender a empresa; senon que é o resultado do espolio de 900.000 hectáreas roubadas a máis dun centenar de poboacións mapuches, en conivencia co estado arxentino.

O modelo de explotación latifundista de Benetton na Arxentina tan so atende aos intereses da explotación do gando ovino da empresa na zona, que representa o 10% da la manufacturada por Benetton. Por este xeito non nos debe de estrañar o discurso do seu  xerente, Ronald MacDonald, cara o pobo mauche.

Denunciamos públicamente que Santiago Maldonado e o pobo mapuche son as víctimas dos intereses económicos do estado arxentino e de empresas como Benetton. Por todo isto, facemos un chamado ao boicot solidario contra Benetton e os seus productos, unha empresa que é quen de anunciarse como supresora das diferenzas raciais e étnicas, pero que pola contra construe o seu imperio mediante o abuso, a explotación e a criminalización das persoas oprimidas polo estado e o capital.

NON AO EXTERMINIO DO POBO MAPUCHE, BENETTON COMPLICE!!!

SANTIAGO MALDONADO, APARICIÓN CON VIDA XA!!!